![Notes on the Circus](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/notes_on_the_circus.jpg?itok=-A76Ywsn)
Notes on the Circus
- 12 minutos
As lembranzas, as cores e os movementos dun circo de tres pistas, o Ringling and Barnum, acompañados da música de Jim Kweskin. Jonas Mekas envioulle unha copia a Stan Brakhage e a película acabou converténdose na favorita dos seus fillos: “o circo Ringling and Barnum chegou a Denver e, por suposto, Stan levou aos nenos a ver o espectáculo real. A excitación dos seus fillos durou só dez minutos e logo comezaron a chorar pedindo regresar a casa baixo o berro de ‘Este non é o circo de Jonas! Queremos ver o circo de Jonas!’ Stan levounos a casa e viron o circo de Jonas unha vez máis.” (Jonas Mekas, Destellos de belleza. Anécdotas y escenas de una vida)
-
Desencadres: Jonas Mekas
Notes on the Circus
Notes for Jerome
Versión lingüística:VOFormato:16mm. -
- Ano:1966
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jonas Mekas
- Fotografía: Jonas Mekas
- Produtora(s): Jonas Mekas