Mosori Monika
- 20 min.
«Un expresivo documental sobre as mulleres do Terceiro Mundo. Trátase dunha película etnográfica sobre dúas culturas que se atoparon. Os misioneiros franciscanos españois chegaron a Venezuela en 1945 para «civilizar» os indios warao, que viven nos pantanos do delta do río Orinoco. Antes da chegada dos misioneiros, os warao vivían en relativo illamento e apenas se vían afectados polo mundo exterior. A relación entre os indíxenas e os misioneiros é simple en aparencia, pero maniféstase nun complexo cambio de técnicas, valores e estilo de vida que alterou de forma indeleble a visión da vida dos warao. A aculturación preséntase desde dous puntos de vista. Unha monxa conta como vivían os indíxenas cando chegaron os misioneiros e o que as monxas fixeron para «mellorar» as condicións, tanto espirituais como materiais. Unha anciá indíxena warao conta o que considera que foron as experiencias importantes da súa vida. Os dous puntos de vista estrutúranse en contrapunto, de modo que os aspectos máis profundos da xustaposición da cultura moderna sobre a antiga fanse evidentes a través das revelacións das dúas mulleres». – Chick Strand
-
Desencadres: Chick Strand
Anselmo
Mosori Monika
Cosas de mi vida
Mujer de Milfuegos
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.
- Ano:1970
- Países de produción: Estados Unidos