Cosas de mi vida
- 25 min.
«Documental expresivo cun enfoque etnográfico sobre Anselmo, un indíxena mexicano. É unha película sobre a súa loita por sobrevivir no Terceiro Mundo. Orfo desde os 7 anos, era o único sustento para el e a súa irmá pequena, que finalmente morreu de fame nos seus brazos. A película continúa coa loita de Anselmo por vivir e facer algo coa súa vida máis aló de aceptar docilmente a pobreza. Sen ningunha educación formal, aprendeu a tocar a tuba de forma autodidacta e, cando se converteu en home, creou a súa propia banda de rúa. A película comezouse en 1965 e terminouse en 1975. Durante eses 10 anos, fun testemuña do cambio físico na vida de Anselmo en canto ás cousas que podía comprar para que a súa familia puidese sobrevivir ao principio e, durante os últimos anos, para que vivisen máis comodamente. Sentín un cambio no seu espírito, que pasou de ser un home orgulloso, individualista e elegante a un obsesionado coas posesións e con desempeñar un papel para saír adiante e manterse na cima, pero unha non pode deixar de admirar a súa enerxía e determinación para triunfar, para sacar á súa familia e a si mesmo da desesperanza e a monotonía da pobreza e darlles un futuro. Anselmo conta a súa propia historia en inglés, aínda que non fala ese idioma. Despois de que me contase a súa vida en español, traducina ao inglés e ensineille a dicila. Esta película é unha homenaxe dun artista a outro». — Chick Strand
-
Desencadres: Chick Strand
Anselmo
Mosori Monika
Cosas de mi vida
Mujer de Milfuegos
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.
- Ano:1975
- Países de produción: Estados Unidos