El empleo
- 26 min.
Unha muller nova perde o seu traballo e sae desesperada buscar outro, aterrada ante a posibilidade de quedar sen diñeiro e ter que volver á vila cos seus pais, a ese destino monótono. Considera todas as opcións, mesmo a aterradora rúa, ata que alguén lle di dun traballo posible e sae cara a unha entrevista a toda velocidade. Pero a cidade, coa súa infraestrutura fráxil, xógalle unha mala pasada en forma dunha avaría de metro. Aí comeza unha aventura polos pasadizos subterráneos da capital, unha especie de historia fantástica motorizada pola traxedia de ter que vivir ao día. É a primeira colaboración de Landeck coa súa filla, Irene Morack, quen despois protagonizou a súa primeira longametraxe, Gente en Buenos Aires.
-
Luz no escuro: María Luisa Bemberg e Eva Landeck en compañía
La brujita
El empleo
Horas Extra
Entremés
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación a cargo da programadora Lucía Salas. Entrada de balde.
- Ano:1970
- Países de produción: Argentina