MORGAN FISHER 1
- 93 min.
THE DIRECTOR AND HIS ACTOR LOOK AT FOOTAGE SHOWING PREPARATIONS FOR AN UNMADE FILM (2)
Morgan Fisher | 1968 | EUA | 16 mm | 15 min
PRODUCTION STILLS
Morgan Fisher | 1970 | EUA | 16 mm | 11 min
PRODUCTION FOOTAGE
Morgan Fisher | 1971 | EUA | 16 mm | 10 min
STANDARD GAUGE
Morgan Fisher | 1984 | EUA | 16 mm | 35 min
()
Morgan Fisher | 2003 | EUA | 16 mm | 21 min
-
(S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico
MORGAN FISHER 1
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Entrada gratuíta.
- Ano:1968-2003
- Países de produción: Estados Unidos
Comentarios á sesión
Morgan Fisher
THE DIRECTOR AND HIS ACTOR LOOK AT FOOTAGE SHOWING PREPARATIONS FOR AN UNMADE FILM (2)
Morgan Fisher | 1968 | EUA | 16 mm | 15 min
Película en cinco seccións, cada unha das cales ten a duración dun único rolo de cinta de 16 mm. Vemos un cuarto espido no que hai un mozo sentado tras unha gravadora. Outro home, interpretado polo propio Fisher, entra apresuradamente; proba a máquina e ao cabo métese nun cuarto traseiro, o cal, cando se ilumina, resulta ser unha cabina de proxección. Cada sección do filme ofrece máis detalles sobre a situación do director e do seu actor a ocupárense dunha película inacabada que pouco a pouco se converte na que estamos a ver, pero que non é aquela na que eles se atopan a traballar. Ao longo da cinta, oímos os comentarios dos dous homes en tanto visualizan os fragmentos da súa película, visualización que forma parte dos procedementos que esixe o proceso de realización, que debe permanecer invisible no filme acabado. Nesta obra, porén, o tema constitúeo o propio procedemento.
Copia por cortesía da colección Morgan Fisher (Academy Film Archive)
PRODUCTION STILLS
Morgan Fisher | 1970 | EUA | 16 mm | 11 min
Como o seu título indica, o tema de Production Stills é unha serie de fotogramas de produción dunha película que non chegou a facerse e que, ao mesmo tempo, é a que estamos a ver. Unha narración totalmente pechada da súa propia produción: a imaxe é unha toma longa (de once minutos) dunha parede na que unha man vai prendendo varias Polaroid consecutivamente, unha tras doutra. Nelas amósase o equipo que fai a película; o son sincrónico permítenos oír «de xeito simultáneo» as súas charlas e o zunido da cámara de fotogramas, de forma que podemos prever as fotos que van aparecer e poñerlles cara ás voces que oímos. (Festival Artefact)
Copia por cortesía da colección Morgan Fisher (Academy Film Archive)
PRODUCTION FOOTAGE
Morgan Fisher | 1971 | EUA | 16 mm | 10 min
A película está formada por dúas tomas, cada unha das cales constitúe a metade do filme. A primeira toma amosa un rolo de película de 200 pés que se carga nunha cámara; a segunda, un segundo rolo doutros 200 pés que se descarga dunha segunda cámara. Ao unir as dúas tomas obtense un corte dun primeiro plano na lente da primeira cámara cara ao ángulo inverso, un primeiro plano na lente da segunda cámara. Malia existir un corte, Production Footage rodouse de maneira ininterrompida. O rolo que se carga na cámara na primeira toma é o rolo con que se vai rodar a segunda toma; o rolo que se descarga na segunda toma, o rolo co que se rodou a primeira. Deste xeito, o rolo de película da primeira toma contén (aínda que prospectivamente) a segunda toma, e o rolo da segunda toma contén a primeira. Todo o que contén a película conteno dúas veces: como imaxe e como filmación do rolo de película que contén a imaxe. Cada unha das dúas metades do filme contén a outra, e xuntas conteñen a totalidade. Production Footage contense a si mesma. (Morgan Fisher)
Copia por cortesía da colección Morgan Fisher (Academy Film Archive)
STANDARD GAUGE
Morgan Fisher | 1984 | EUA | 16 mm | 35 min
Un cadro de cadros, unha peza de pezas, unha duración de duracións. Formato estándar en subestándar; máis estreito, si, pero máis longo. Un primeirísimo plano que é un gran plano xeral. Disiecta membra; Hollywood nunha antoloxía. Unha sorte de autobiografía do seu creador; unha sorte de historia da institución de cuxos anacos está composta, a industria do cinema comercial. Un interrogatorio mutuo entre os 35 mm e os 16 mm, o formato de Hollywood e o formato dos amadores e independentes. (Morgan Fisher)
Copia por cortesía da colección Morgan Fisher (Academy Film Archive)
()
Morgan Fisher | 2003 | EUA | 16 mm | 21 min
() triunfa dun xeito abraiante onde a empresa paralela de Frampton, Hapax Legomena: Remote Control (1972), fracasou; nela empréganse métodos aleatorios para liberar o inconsciente narrativo dun conxunto de películas seleccionadas ao chou. () está formada na súa totalidade por «insertos» de longametraxes organizados segundo os principios oulipianos. Estes insertos eran rodados habitualmente por uns axudantes cando non facían falla actores principais, grandes equipos de filmación nin escenarios caros, e neles figuran detalles de armas, feridas, cartas, letreiros, lápidas, maquinaria, xogos de azar, reloxos, cartos e mesmo caricias íntimas. (P. Adams Sitney, «Medium Shots: the Films of Morgan Fisher», Artforum International)
Copia por cortesía da colección Morgan Fisher (Academy Film Archive)