![Milestones](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/18_1.jpg?itok=hXLty8-X)
Milestones
- 265 min.
Milestones é o Lume, a auga, o Aire, a Terra, o Home. É unha visión dos Estados Unidos nos anos 70, pero tamén unha viaxe ao pasado e ao futuro. É unha película con moitos personaxes, xente consciente de recibir en herdanza o xenocidio dos indíxenas e a escravitude dos negros e que estudan o pasado para corrixir os erros do presente: o intento de xenocidio dos vietnamitas.
Milestones é un complexo mosaico ao estilo de Proust, con personaxes e paisaxes que se entrelazan para formar a trama. Numerosas escenas en moitas cidades, caras e voces, finais pero tamén moitos comezos. Atravesamos Estados Unidos dun lado a outro, desde as montañas nevadas de Vermont aos géiseres de Utah, pasando polas esculturas naturais de Monument Valley, as covas dos indios Hopi e a sucidade, a grisalla e a enerxía de Nova York.
Milestones é unha película sobre o renacemento. É o renacemento das ideas, as miradas, as imaxes e os sons. A arxila moldeada por un oleiro cego é o renacemento da terra. A neve profunda é a promesa da primavera. O nacemento dun neno é un renacemento simbólico, pero tamén visual da propia película. E unha película dentro doutra sobre o heroico pobo vietnamita, unha homenaxe á súa loita revolucionaria, á súa vitoria, e ao seu futuro.
-
Underground U.S.A.: Kenneth Anger, Robert Kramer & Jonas Mekas
Milestones
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Primeira parte
-
Underground U.S.A.: Kenneth Anger, Robert Kramer & Jonas Mekas
Milestones
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Segunda parte. Entrada gratuíta.
- Ano:1975
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Robert Kramer
- Fotografía: Robert Kramer, John Douglas, Barbara Stone