
Tempo da recolleita
Tempo da recolleita
Miro Regueira Castañón, Xurxo Fernandes, Rosa Garrido Casqueiro
- 32 minutos
Unha boa parte da mocidade galega interésase cada vez máis polas súas orixes culturais. Vanse cada fin de semana ao encontro das súas «memorias vivas», as vellas damas das pequenas vilas. Logo de se armar de gravadora ou dunha pequena cámara, marchan así á busca dunha canción que non coñecen, nunca aínda gravada. É despois de moita charla cando obteñen finalmente a confianza desas vellas mulleres que buscan no seu tempo de lecer os cantos da súa mocidade. Tamén existen moitos coleccionistas con cadansúa fonoteca persoal gardada preciosamente na casa. Reutilizan ás veces estes cantos para reproducilos no puro respecto á tradición ou, pola contra, para fusionalos con outras influencias musicais… En ambos os casos, a tradición perpetúase e a canción continúa a existir!
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Fotografía: Adrien Lecouturier