La piel suave
La Peau douce
Jean Dessailly, Françoise Dorleac
- 113 minutos
Truffaut explora a condición humana e a complexidade das relacións amorosas. Filme cheo de sensibilidade e paixón, onde está presente a súa veneración por Balzac. Pierre Lachenay, un afamado escritor, casado con Franca, e cunha filla de 10 anos, abandona o seu fogar tras coñecer a Nicole (a prematuramente malograda Françoise Dorléac, irmá de Catherine Deneuve), azafata de voo. Asistimos ao entrecruzamento de tres amores, entre as dúbidas e a presión da sociedade burguesa sobre Pierre, o orgullo ferido de Franca e a propia inseguridade de Nicole.
- Ano:1964
- Países de produción: Francia
- Guión: François Truffaut, Jean-Louis Richard
- Fotografía: Raoul Coutard
- Montaxe: Claudine Bouché, asistida por Lila Cauchetier
- Produtora(s): Les Films du Carrosse, SEDIF