La lectora
La lectrice
Miou-Miou, Christian Ruché, Patrick Chesnais, María Casares
- 99 minutos
Constance é unha apaixoada lectora. Despois de ler todas as noites ao seu home un libro no que se fala dunha moza que se ofrece como lectora a domicilio, decide dedicarse a esa profesión. Por medio dun anuncio (“Muller moza propón lectura a domicilio”) comeza unha espiral de contactos que a levará a convivir con criaturas variopintas. María Casares evidencia as súas dotes para a comedia e o retrato axustado de toda unha vida encarnando a unha viúva roxa devota de Lenin, o que lle representaría o seu único nomeamento aos premios César.
- Ano:1988
- Países de produción: Francia
- Guión: Michel Deville; novela Raymond Jean
- Fotografía: Dominique Le Rigoleur
- Produtora(s): Ciné 5, Elefilm, A.A.A. Productions, T.S.F.