 
María Casares no seu centenario
Do 22 de novembro de 2022 ao 20 de decembro de 2022
Sinalada como mito teatral e símbolo do exilio republicano español, en 2022 celebramos o centenario da actriz coruñesa María Casares (1922-1996). Afondando na súa traxectoria e as moitas aproximacións sobre o seu recorrido artístico, constatamos que ningún aspecto resulta máis desatendido que a práctica cinematográfica. Protagonista unicamente dunha veintena de filmes de ficción en perto de 50 anos, pouca televisión e contados documentais, convén desmitificar a dicotomía histórica que pesa sobre o seu traballo. O cine intervén de modo decisivo na súa popularidade, na conversión na década dos 40 en estrela da interpretación, e tamén son notables, pola súa relevancia estética e histórica, os filmes que vai rodar con cineastas da estima de Bresson, Carné, Cocteau, Franju ou Semprún. Se a isto lle engadimos que na súa madurez, logo de anos de seca fílmica, a selección de papeis aparece presidida pola coherencia e a carga simbólica, ocasionando interpretacións marcadas polos sucesos e eleccións dunha vida apaixoante, do exilio e a guerra española aos valores republicanos, o compromiso, o propio xogo co rol de mentora ou a profesión de actriz, ben podemos observar que en María Casares nada resulta fútil e todo proveitoso. A escolma realizada para este ciclo permitirá ver algunhas das liñas de traballo mencionadas, así como materiais máis insólitos (entrevistas, recitados, teatro filmado para televisión,...).
 
  
  Los niños del paraíso
 
  
  Orfeo
 
  
  Las damas del bosque de Bolonia
 
  
  Guernica
 
  
  El testamento de Orfeo
 
  
  Las dos memorias
 
  
  La lectora
 
  
  Monte bajo
 
  
  Macbeth
 
  
  Maria Casarès lit deux poèmes de Federico Garcia Lorca
 
  
  L'affaire Lafarge
 
  
  Hamlet Prince de Danemark
 
  
  La mort de Sidonie Mertens
 
  
  Maria Casarès
 
  
  Maria Casarès à propos de son livre "Résidente privilégiée"
 
  
   
                                