
Orfeo
Orphée
Jean Marais, María Casares, François Périer
- 112 minutos
O poeta, artista plástico e cineasta Jean Cocteau propón unha relectura actualizada da historia de Orfeo e Eurídice. Un poeta está namorado da Morte, encarnada por María Casares –un papel rexeitado por Greta Garbo e Marlene Dietrich-, nunha interpretación arrolladora, marcada polo magnetismo, a fascinación e a elegancia. Un día os esbirros da Morte matan a Eurídice, a muller de Orfeo, e este decide viaxar ao inframundo.
- Ano:1950
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean Cocteau
- Fotografía: Nicolas Hayer
- Produtora(s): Films du Palais Royal, André Paulve Film