1982-1983: o agro
- 70 min.
Nova sesión do fondo de Espello Vídeo Cine, neste caso centrada na industria agraria en Galicia a inicios dos anos oitenta. Na primeira das pezas móstrase como era a formación das aspirantes a gandeiras nunha escola de Arzúa con sección feminina. Na segunda acompañamos un grupo de gandeiros nunha viaxe aos Países Baixos, patrocinada pola Deputación da Coruña, co obxectivo de comparar as explotacións neerlandesas coas galegas e tomar nota de posibles melloras a implementar de volta á casa.
Pezas:
Escola familiar agraria en Arzúa, sección feminina, 1983.
Programa de agricultores e gandeiros, viaxe a Holanda, 1982.
-
Espello Vídeo Cine: unha crónica da Galicia dos oitenta
1982-1983: o agro
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación: Escola Familiar Agraria Piñeiral de Arzúa. Entrada de balde.



