Inauguration of the Pleasure Dome
- 39 min.
Esta delirante, erótica e sofisticada mascarada esotérica nace dunha festa de disfraces organizada por unha amiga da escritora Anaïs Nin, Renata Druks, á que Anger asiste. Posteriormente recréaa convertida en “unha convocatoria de magos baixo a aparencia de figuras da mitoloxía”. Anaïs Nin aparece como Astarté, Marjorie Cameron (viúva de John W. Parsons) como a Muller Escarlata e a deusa Kali, o cineasta Curtis Harrington como o sonámbulo Cesar do Dr Caligari, que xunto á Gran Besta e o deus Pan son os principais personaxes desta película que adopta plenamente a forma dun ritual relixioso. Anger asume aquí o papel dun mago, centrando a obra na consumación da eucaristía. Asistimos pois a unha serie de cerimonias e rituais nos que as vellas deidades abren a porta a un renacemento pánico e pagán, que culmina en orxía mística e erótica, acentuada pola música da Misa Glagolítica de Janacek.
- Ano:1954
- Países de produción: Estados Unidos