
Zigeuner sein
- 47 min.
Un dos traballos máis importantes de Peter e Zsóka Nestler, Zigeuner sein, afronta a persecución dos romanís e os sinti en Alemaña, baixo o nazismo, e a súa persistencia tras a guerra: «Na década dos sesenta descubrín esta constante inxustiza, deime conta dela, especialmente mediante o traballo do pintor Otto Pankok —a quen coñecín en 1965—, os traballos sociais de Birgitta Wolf e os escritos de Hermann Langbein —unha das principais testemuñas dos Xuízos de Auschwitz—. Descubrín a discriminación continuada contra a minoría en Alemaña e Austria, onde todo xiraba arredor da reconstrución e do progreso económico. Os crimes de guerra deixáronse a un lado e moitos dos seus responsables, exmembros das SS e oficiais de policía criminais, así coma os “buscadores da hixiene da raza”, volveron ás súas oficinas e postos, e seguiron durante décadas discriminando e excluíndo os sinti e os romanís». Peter e Zsóka Nestler utilizaron voluntariamente o termo pexorativo zigeuner (xitanos) no título da súa película, na década de 1970, co fin de expoñer a violencia que implica. As seguintes palabras abren a película: «Os que chamamos xitanos chámanse a si mesmos romanís, é dicir, ‘xente.’ Moitos deles senten medo cando escoitan a palabra xitano. Temen que poida volver a ocorrer».
-
Achéganse outros tempos. Os filmes de Peter Nestler
Spanien!
Von Griechenland
Zigeuner sein
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:1970
- Países de produción: Suecia