Encontro con Rubén H. Bermúdez
- 60 min.
En abril, o ciclo ‘Territorios mutantes’ aborda a lectura poscolonialista da Historia, a cultura e a arte. Nesta primeira sesión contaremos con Rubén H. Bermúdez, autor de Y tú, ¿por qué eres negro?, proxecto materializado nun fotolibro e o documental A todos nos gusta el plátano, ademais de cofundador do colectivo ‘Conciencia Afro’, onde desenvolve labores de xestión cultural. Tras o encontro, proxectarase a película Dahomey, de Mati Diop, Oso de Ouro á Mellor Película na edición de 2024 da Berlinale.
-
Territorios mutantes
Encontro con Rubén H. Bermúdez
Dahomey
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2026
- Países de produción: España