D'Est
Natalia Chakhovskaia
- 107 minutos
Desde finais do verán ata o inverno máis cru, Chantal Akerman percorre o leste, da Alemaña oriental a Moscova pasando por Polonia e os países bálticos. Pouco despois da desaparición do bloco soviético, Akerman filma “todo o que se transforma lentamente durante a viaxe: os rostros e as paisaxes. […] Todos eses países en plena mutación que viviron unha historia común despois da guerra, aínda marcados por esta historia ata os sucos mesmos da terra, e cuxos camiños agora diverxen. Gustaríame rexistrar os sons desta terra, que se oia o paso dunha lingua a outra coas súas diferenzas e as súas similitudes”.
-
-
Compartir o cinema. 20 anos de 'Cinema en curso'
D'Est
Coloquio con Claire Atherton
Versión lingüística:VOFormato:DCPSen diálogos. Entrada de balde.
- Ano:1993
- Países de produción: Bélxica, Francia, Portugal
- Guión: Chantal Akerman
- Fotografía: Bernard Delville, Rémon Fromont
En D´Est a realidade tínguese dunha aura espectral para dialogar coa fin da época soviética que retrata. Esta atmosfera onírica – no límite entre o real e o soñado – chéganos dende a forza das súas imaxes e a radicalidade da súa linguaxe. Planos longos para habitar o espazo e deixar tempo a que o evocado esperte. O mellor cine de Akerman traballa sempre dende esta estratexia de evocación. Corpo + espazo + duración = evocación.
Dicía Apichatpong nunha entrevista algo así como que un plano que na película dura 10 minutos, no teu recordo queda en 1; o que dura 3 minutos, serán 3 segundos na túa memoria, e que un plano que dura 10 segundos, esquécelo por completo. En D´Est, os infinitos travellings percorrendo corpos espectrais na noite xeada inscríbense para sempre na túa memoria.
Lois Patiño