Coloquio con Claire Atherton
- 45 min.
Tras a proxección de D'Est, falaremos con Claire Atherton, montadora da película, estreita colaboradora de Chantal Akerman desde aquela e creadora de varias exposicións dedicadas á cineasta. Conversaremos sobre a súa concepción da montaxe e sobre os procesos de creación que compartiu con Akerman durante máis de vinte anos, a propósito dos que comentaba: “Chantal ten unha relación coa creación que é, ao tempo, extremadamente precisa e moi libre. Con ela aprendín a escoitar, a deixarme levar pola película que se estaba facendo, a comprender as cousas a medida que avanzaban. […] Ela non fala do que quere facer, nunca pecha as cousas. […] Organizamos, buscamos tensións, traballamos coas probas: a cor, a luz, o son, o choque dun raccord. A trama narrativa vén da materia. O sentido revélase ao mesmo tempo que se constrúe a película. […] Cando Chantal sentiu a necesidade de ir filmar ao Leste, non era consciente do que buscaba. Pero a materia das imaxes que filmou interpelábanme. Púxenme a escoitar esta materia, sentín que a estaba esculpindo, modelándoa. Conforme traballabamos íanse desprendendo sensacións que interpelaban a outras sensacións. O medo, o frío, a espera, os rostros formaban un eco con outros rostros, outras esperas, outros medos".
-
Compartir o cinema. 20 anos de 'Cinema en curso'
D'Est
Coloquio con Claire Atherton
Versión lingüística:VOFormato:DCPSen diálogos. Entrada de balde.
- Ano:2026
- Países de produción: España