Emigranti
- 11
A obra máis neorrealista de Franco Piavoli fixa o seu obxectivo nos homes e mulleres humildes que chegan á estación de Milán en busca de traballo e dignidade. Como se fose o comezo de Rocco y sus hermanos, a cámara mergúllase na oposición que se produce entre o balbordo do apeadoiro lombardo e os corpos cansos dos viaxeiros de terceira clase chegados desde Calabria. É 1963, e Italia aínda é ese país de abismais contrastes. [Martín Cuesta/FICX]
- Ano:1963
- Países de produción: Italia
- Guión: Franco Piavoli
- Fotografía: Franco Piavoli
- Montaxe: Franco Piavoli
- Produtora(s): Zefiro Film