![El hombre tranquilo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/the-quiet-man-header.jpg?itok=BgQ_4E6v)
El hombre tranquilo
John Ford, 1952.
129'. DCP. Subt. Castelán.
THE QUIET MAN / EL HOMBRE TRANQUILO (Estados Unidos, 1952) Dirección: John Ford. Guión: Frank S. Nugent, sobre unha narración de Maurice Walsh. Produción: A Republic Production. Fotografía: Winton C. Hoch e Archie Stout. Intérpretes: John Wayne, Maureen O’Hara, Victor McLaglen, Barry Fitzgerald. Duración: 129 minutos. Un antigo campión de boxeo volta á súa Irlanda natal logo de anos en Estados Unidos. Alí terá ocasión de casar e tamén de topar cos costumes locais, orixe dun importante conflito. Memorable, apaixonante e amable incursión de Ford na Irlanda dos seus amores, un filme gañador de dous premios Óscar (fotografía e dirección, cuarto Óscar para John Ford), de memorable plasmación visual, enxeño a esgalla, inesquecibles personaxes e maxistral partitura musical. Proxección en formato DCP.