
CORTÁZAR: APUNTES PARA UN DOCUMENTAL
Eduardo Montes-Bradley, 2002.
75´. Vídeo. Entrada gratuíta.
CORTÁZAR: APUNTES PARA UN DOCUMENTAL
(Arxentina, 2002)
Dirección e guión: Eduardo Montes-Bradley. Produción: Rodolfo Durán, co apoio do INCAA. Fotografía: Raúl Domínguez. Duración: 75 minutos.
Autor dun libro sobre o escritor, Cortázar sin barba (2004), o realizador Eduardo Montes-Bradley fai, dous anos antes, un documental sobre Cortázar vinculado a unha serie de traballos dedicados a grandes escritores arxentinos (Borges, Soriano, Osvaldo Bayer,...) coa inclusión de xentes como Aurora Bernárdez, Octavio Paz, Ernesto Cardenal ou Juan Carlos Onetti.