Los Novios de la Muerte. Il film dell'Aviazione Legionaria nel cielo della Spagna
- 30 minutos
En 1938 dúas novas entidades romperon o monopolio do Luce no tocante á produción documental, e o bautizo da Editoriale Aeronautica non puido ser cinematograficamente máis logrado. O filme é unha pequena obra mestra de cine bélico, en que o relato flúe alternando con calculada dosificación os momentos espectaculares do combate aéreo con escenas terrestres máis pausadas e sempre planificadas en función dos primeiros.
- Ano:1938
- Países de produción: Italia
- Produtora(s): Editoriale Aeronautica