
¡España una, grande, libre! “Dalla barbarie rossa al trionfo della civiltà fascista”
- 23 minutos
Respecto da representación do inimigo, o cine fascista adoptou sen fisuras o punto de vista do cine “nacional”. Onda a representación da muller, poderíase mesmo afirmar que este foi o único ámbito onde as súas lecturas da “realidade” da guerra foron perfectamente coincidentes. ¡España una, grande, libre! é unha clara proba diso. No cinematográfico, trátase dunha das máis logradas realizacións de found footage ideolóxico de toda esta produción.
- Ano:1939
- Países de produción: Italia
- Produtora(s): Incom