
Exposed
- 20 min.
Un compendio de retratos feitos desde a intimidade e a complicidade. Persoas que se expuxeron ante a cámara para reflectir o amor con que son mirados. Unha obra mestra que nace do convencemento de que vivimos nun mundo de extrema violencia, de incomprensión, onde sobran creacións egoístas e non hai olladas que mostren unha forma de observar con acougo a vida desde o agradecemento e a empatía. Unha colaxe en diferentes texturas de Súper 8, unha carta de amor que quere proxectar unha ollada curadora que disolva os individualismos e devolva a capacidade de conexión humana”. (Nela Fraga)
- Ano:2024
- Países de produción: España