
Barbara Sternberg - Programa 2
- 88 min.
Nesta segunda sesión dedicada a Barbara Sternberg, unha das cineastas canadenses esenciais no campo do cine lírico e táctil e un dos nomes de muller que reivindicar na historia do cine experimental, veremos algunhas das súas pezas dedicadas á experimentación coa cor. A súa longametraxe Midst, percorrido por temas coma a pasaxe do tempo e da memoria articulada en función da cor, vén acompañada por dúas pezas que estudan a fotoquímica e a teoría da cor en ricas composicións visuais.
COLOUR THEORY
Barbara Sternberg, 2014, Canadá, 16 mm, 6 min
SUNPRINTS 1,2,3
Barbara Sternberg, 2022, Canadá, 16mm, 12 min
MIDST
Barbara Sternberg, 1996, Canadá, Light Cone, 16 mm, 70 min
-
(S8) XIV Mostra de Cinema Periférico
Barbara Sternberg - Programa 2
Versión lingüística:VOFormato:16mm.
- Ano:1996-2014
- Países de produción: Canadá