
Cambio horario nas sesións dos días 22 e 28 de xaneiro
Debido a cambios motivados polas restricións horarias (o adianto do toque de queda), dúas das sesións da nosa programación de xaneiro sofren unha modificación:
-O venres 22 o pase do filme 143.353 (Los ojos no quieren estar siempre cerrados) de Marcelo Expósito será ás 19.00 horas (antes 19.30 horas).
-O xoves 28 a proxección do filme El año del descubrimiento de Luis López Carrasco será ás 17.30 horas (antes era ás 18.30 horas).
