José Bellver Álvarez: obras seleccionadas
- 60 min.
O xuíz José Bellver Álvarez foi fotógrafo e camarógrafo afeccionado. Durante a súa estadía residindo en Cambados, filmou diversas cintas en Pathé Baby entre os anos 1929 e 1932, chegando mesmo a dirixir unha peza de ficción. Algunhas destas vistas, das que a Filmoteca de Galicia conserva tres horas de metraxe, inclúen a Porta do Sol en Vigo, a Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela, ou a Armada inglesa atracando no porto de Vilagarcía de Arousa. Esta sesión realiza unha escolma desta extensa obra.
-
Materiais para unha historia do cine en Galicia
José Bellver Álvarez: obras seleccionadas
Versión lingüística:MudaFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1929-1932
- Países de produción: España