Ghashiram Kotwal
Mahan Agashe, Rajani Chavan
- 108 minutos
Respondendo á declaración do estado de emerxencia en 1975 por parte de Indira Gandhi, despois de pasar varias xornadas no Instituto do Cine e a Televisión, Mani Kaul fundou a canda un grupo de 15 estudantes a Cooperativa Yukt. Ghashiram Kotwal é o resultado desta sinerxia, unha película baseada na célebre obra homónima do dramaturgo Vijay Tendulkar inspirada na biografía do primeiro ministro Nana Fadnavis (1741-1800) e do seu Xefe de Policía Ghashiram Kotwal. Este coreografado traballo, unha experimentación coas formas folclóricas teatrais realizado en colaboración cun grupo de 40 actores, evoca as maquinacións do goberno na India occidental do século XVIII.
-
A película embruxada. Mani Kaul e as figuras inconexas
Ghashiram Kotwal
Versión lingüística:VOSGFormato:DCPPresentación (virtual) a cargo de Francisco Algarín. Entrada de balde.
- Ano:1976
- Países de produción: India
- Guión: Vijay Tendulkar
- Fotografía: Binoh Pradhan, Rajesh Boshi e Manmohan Singh
- Produtora(s): Yukt Film Co-op