Trampa para Catalina
Pedro Lazaga, 1961.
97’. Vídeo. Entrada gratuíta.
TRAMPA PARA CATALINA
(España, 1961)
Dirección: Pedro Lazaga. Guión: José Luis Colina, José María Palacio e Pedro Lazaga. Produción: Época Films. Fotografía: Juan Julio Baena. Intérpretes: Concha Velasco, Antonio Ozores, Manolo Gómez Bur. Duración: 97 minutos.
Silvia, a filla dun millonario, decide escapar cun toureiro do que está namorada, pero precisa que alguén a substitúa na casa para que seu pai non sospeite… Por tal motivo busca a Catalina, unha moza que garda semellanza física con ela. Unha das escasas películas do prolífico director Pedro Lazaga valorada pola crítica, que, non obstante, non obtivo o éxito comercial merecido. Sobre os temas do dobre, o equívoco, a aprendizaxe e a desaparición, artéllase unha robusta, sutil e crítica comedia que, de paso, parodia as ditaduras (latinoamericanas).