Medea
María Callas, Laurent Terzieff, Massimo Girotti
- 118 minutos
 
Adaptación da traxedia grega de Eurípides que Pasolini fai súa, diferindo bastante da obra orixinal. Rodada en Turquía e Siria, ademáis de varias localidades italianas, o cineasta confronta un mundo máxico, irracional e apaixoado, o de Medea, co universo racional de Jasón. Como en Edipo Rey, amosa primeiro os antecedentes da traxedia e despois a traxedia mesma, aínda que introduce rupturas visionarias. A película representa a única incursión como actriz no cine da soprano Maria Callas.
Unha colaboración con Amigos de la Ópera de A Coruña con motivo do centenario de María Callas.
- Ano:1969
 - Países de produción: Alemaña, Francia, Italia
 - Guión: Pier Paolo Pasolini; obra teatral Eurípides
 - Fotografía: Tonino Delli Colli
 - Montaxe: Nino Baragli
 - Produtora(s): San Marco S.p.A., Les Films Number One, Janus Films