Tío Vania
Andrei Mikhalkov-Konchalovsky, 1970
104'. Subt. castelán.
DIADIA VANIA / TÍO VANIA
(URSS, 1970)
Dirección e guión: Andréi Konchalovsky, sobre a obra de Antón Chéjov. Guión: . Produción: H. Fotografía: Georgi Rerberg e Yevgeni Guslinski. Intérpretes: Innokenti Smoktunovski, Sergei Bondarchuk, Irina Kupchenko. Duración: 104 minutos.
Nunha propiedade dos Serebryakov atópanse o profesor xubilado Aleksandr Vladimirovich Serebryakov; a súa segunda muller, Elena; Sofía, a filla da súa primeira esposa; Iván Petrovich Voinitzkii, chamado o tío Vania; a nodriza Marina e o doutor Mijail Lvovich Astrov. Todos van ter un axitado encontro onde espirán as súas paixóns, temores, resentimentos…e algunha que outra verdade sobre a vida e as súas propias existencias. Adaptación da obra “Tío Vania” do escritor e dramaturgo ruso Antón Chéjov publicada en 1899. Para moitos, a mellor adaptación xamais filmada sobre a obra.