Kaskara
- 21 minutos
Premiada no lendario festival de Knokke, faro guía do cine experimental europeo entre os anos 50 e os 70, estamos ante un filme onde a claustrofobia se converte en caleidoscopio visual e sonoro. No espazo dunha cabana, un home parece desdobrarse. Envólvenos un escenario inquietante e hipnótico de imaxes espectrais, a paisaxe vese a través de portas e xanelas que enmarcan o mundo o mesmo que a cámara ao encadrar.
- Ano:1974
- Países de produción: Alemaña