SEMILLA DE MALDAD
Richard Brooks, 1955.
101´. Subtítulos en castelán.
THE BLACKBOARD JUNGLE / SEMILLA DE MALDAD
(Estados Unidos, 1955)
Dirección e guión: Richard Brooks, sobre a novela de Evan Hunter. Produción: MGM. Fotografía: Russell Harlan. Intérpretes: Glenn Ford, Anne Francis, Sidney Poitier, Louis Calhern, Richard Kiley. Duración: 101 minutos.
Dick Dadler abandona o exército e consegue unha praza de profesor nunha escola superior situada nos barrios baixos da cidade. O contacto cos alumnos cáusalle graves problemas desde o primeiro momento, e a relación cuns compañeiros carentes de combatividade e obxectivos pedagóxicos non parece ir mellor. O compromiso moral e o impecable sentido do ritmo de Brooks nun hábil melodrama que aborda con franqueza os problemas estruturais que consenten os enormes desequilibrios sociais.