A xeración da violencia USA (I)
Do 1 de novembro de 2006 ao 30 de novembro de 2006
En colaboración con Donostia Kultura, Filmoteca Vasca e IVAC-La Filmoteca.
Ata o mes de abril gozaremos dun percorrido pola xeración de cineastas estadounidenses que comezan a súa carreira entre finais dos anos 40 e a década dos 50 (xente como Nicholas Ray, Sam Fuller, Anthony Mann, Richard Fleischer, Robert Aldrich, Richard Brooks ou Don Siegel), contribuíndo á renovación da linguaxe fílmica mediante un elaborado cuestionamento e superación dos paradigmas narrativos e temáticos clásicos inmediatamente anteriores. Por medio de obras tantas veces modestas en medios de produción, sen eludir traballos directamente de serie “B”, estes cineastas expoñerán relatos crus, marcados pola intensidade e a violencia, dinamitando desde dentro as esencias do cine de xénero nun contexto próximo adverso, invadido por un extremo conservadorismo sociopolítico. Con motivo deste ciclo sairá un número monográfico da revista “Nosferatu”.

SEMILLA DE MALDAD

COLORADO JIM
