CHICAGO, AÑOS 30
Nicholas Ray, 1958.
99´. Subtítulos en castelán.
PARTY GIRL / CHICAGO, AÑOS 30 (Estados Unidos, 1958) Dirección: Nicholas Ray. Guión: George Wells, sobre un relato de Leo Katcher. Produción: MGM. Fotografía: Robert Bronner. Intérpretes: Robert Taylor, Cyd Charisse, Lee J. Cobb, John Ireland, Corey Allen. Duración: 99 minutos. Coxo desde a adolescencia, Thomas Farrell faise avogado grazas á protección do seu amigo o gángster Rico Angelo, a cuxa banda lle presta os seus incondicionais e eficaces servizos. Nunha festa Farrell coñece unha moza aspirante a bailarina que traballa nun espectáculo nocturno, Vicki Gaye. Xorde o amor e a posibilidade de cambiar unha vida que a ambos lles resulta insoportable. Un dos títulos inesquecibles de Ray, cun medido equilibrio entre o romanticismo amargo da narración e un exquisito e coidado estilo, onde o simbólico uso da cor apégase para sempre.