
COLORADO JIM
Anthony Mann, 1953.
91´. Subtítulos en castelán.
THE NAKED SPUR / COLORADO JIM
(Estados Unidos, 1953)
Dirección: Anthony Mann. Guión: Sam Rolfe e Harold Jack Bloom. Produción: MGM. Fotografía: William C. Mellor. Intérpretes: James Stewart, Janet Leigh, Robert Ryan, Ralph Meeker, Millard Mitchell. Duración: 91 minutos.
Un cazador de recompensas persegue un fuxitivo da xustiza. No seu itinerario coincide cun vello buscador de ouro, a súa filla e un tenente desertor. As ameazas do camiño fan forxar entre eles unha estraña alianza que fortalecerá a desconfianza, a ambición e a violencia. Filme do oeste psicolóxico e claustrofóbico de milimétrica posta en escena que contén, sen dúbida, unha das secuencias finais, a loita entre os superviventes, máis memorables da historia do xénero.