Rafael
Xavier Bermúdez, 2008.
116’. Presentación coa presenza do seu autor. Entrada gratuíta.
RAFAEL
(España, 2008)
Dirección e guión: Xavier Bermúdez. Produción: Xamalú filmes. Fotografía: Alfonso Sanz. Intérpretes: Manuel Cortés, María Tasende, Nerea Barros, Sonia Méndez. Duración: 116 minutos.
Unha produción independente que saca gran partido da rodaxe en vídeo. Proposta estilizada, relato dunha obsesión que nun primeiro momento parece inspirada por Hitchcock para decantarse logo polo Buñuel máis absurdo e surreal. Atípica e persoal, conta a historia de Rafael, un home que persigue a unha muller embarazada, Bárbara, procurando non ser visto. Unha noite Bárbara non regresa máis a casa.