
No existen treinta y seis maneras de mostrar cómo un hombre se sube a un caballo
John Wayne, Ida Lupino, Errol Flynn, Raoul Walsh.
- 63 min.
Algunha vez o director norteamericano Raoul Walsh dixo: “Non existen trinta e seis maneiras de mostrar un home que sobe a un cabalo”. Esta afirmación era una declaración de principios. Como escribe Edgardo Cozarinsky, o cineasta clásico sabe que hai máis de trinta e seis, mais faranos crer que a que estamos vendo é a única posible. A película está dividida en dúas grandes partes: na primeira, utilizando fragmentos de películas de Walsh, onde alguén sobe a un cabalo, preguntámonos que é realmente a linguaxe clásica? Na segunda, desenvólvese un proceso de pesquisa entre a ficción e o documental onde un personaxe (talvez o director desta película?) se pregunta sobre a orixe da frase de Raoul Walsh. Isto lévao a consultar a colegas e cinéfilos e ata dubidar da veracidade da frase. Ambas partes darán como resultado unha película experimental de aventuras. Canto hai de experimentación no cinema clásico e canto de clasicismo no chamado “cine experimental”? Esta película tentará expoñer o cortocircuíto entre transparencia e opacidade, clasicismo e vangarda. Unha película sobre o cine, mais tamén sobre as súas regras, posibilidades e resistencias.
-
Fóra de serie
Una película hecha de
No existen treinta y seis maneras de mostrar cómo un hombre se sube a un caballo
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentan: Malena Solarz e Nicolás Zukerfeld.
- Ano:2020
- Países de produción: Argentina
- Guión: Malena Solarz, Nicolás Zukerfeld