Las mil y una noches
Il Fiore delle mille e una notte
Ninetto Davoli, Ines Pellegrini, Franco Citti, Franco Merli, Tessa Bouché.
- 130 min.
Terceira e última parte da Triloxía da vida que exalta un sexo inocente, alegre, e afastado do sentimento de pecado. Pasolini adaptou unha escolma de contos d' As mil e unha noites utilizando un ton poético e case místico, arredado do carácter máis terreal das anteriores entregas. O director centrouse nos relatos máis eróticos, enmarcados na historia da busca dun mozo para se reencontrar cunha escrava da que se namorou. Chea de luxosos decorados e vestiarios, Las mil y una noches é unha feroz e alegre exploración da sexualidade humana.
- Ano:1974
- Países de produción: Francia, Italia
- Guión: Pier Paolo Pasolini
- Fotografía: Giuseppe Ruzzolini
- Produtora(s): Pea, Les Productions Artistes Associés