Off Galicia / Premios Mestre Mateo
Do 1 de maio de 2011 ao 30 de xuño de 2011
A proxección dun importante título que non tivo o acomodo merecido nas salas, Rafael (2008) de Xavier Bermúdez, e a estrea dun documental de intervención que mestura dous tempos históricos quizais non tan disímiles, Doli, Doli, Doli,...as conserveiras. Rexistro de traballo (2011) de Uqui Permuy, abren camiño a un especial dedicado aos últimos Premios Mestre Mateo: mellor longametraxe (18 comidas), longametraxe documental (dúas: Jazz en liberdade e Man Fred, home sen paz), película para televisión (Mar libre) e documental (Radiografía dun autor de tebeos), co colofón -resultado dun acordo obtido pola Academia Galega do Audiovisual- dun dos Premis Gaudí, á súa vez con participación galega (A Tropa de Trapo).
Agradecementos: Xavier Bermúdez, Xamalú Films, Uqui Permuy, Academia Galega do Audiovisual, Marisela Lens, Fernanda del Nido, Jorge Coira, Xes Chapela, Simón Vázquez, Dani de la Torre, Marcos Nine, Continental, Acadèmia del Cinema Català.