Jazz en liberdade
Xes Chapela, 2010
75’. Vídeo. Presentación a cargo dos autores. Entrada gratuíta.
JAZZ EN LIBERDADE
(España, 2010)
Dirección e guión: Xes Chapela. Produción: Matriuska Producciones SL. Fotografía: Luis de Santiago. Duración: 75 minutos.
Mestre Mateo á mellor longametraxe documental. Unha pequena vila mariñeira convértese trinta anos despois no epicentro da música jazz na Península Ibérica. Os protagonistas lembran aquel tempo e reconstrúen as experiencias a través da investigación de dous mozos locais. Documental musical que rememora a ritmo de jazz os días nos que Cangas do Morrazo era o lugar de encontro dalgúns dos mellores músicos de jazz de España.