Doli, Doli, Doli…coas conserveiras. Rexistro de traballo
Uqui Permuy, 2011
63’. Vídeo. Presentación pola súa autora. Entrada gratuíta.
DOLI, DOLI, DOLI…COAS CONSERVEIRAS. REXISTRO DE TRABALLO
(España, 2011)
Dirección e guión: Uqui Permuy. Produción: [sic] Laboratorio audiovisual. Fotografía: Uqui Permuy e Xacio R. Baño. Duración: 63 minutos.
En 1989, preto de cen mulleres pecharonse na fábrica de conservas Odosa, na Illa de Arousa. Mentres estiveron alí gravaron un documental contando o que sucedía. A partires deste material, realizouse este documental que á súa vez narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado con presente e achegando unha análise das relacións laborais, a idea do traballo, a figura feminina e a evolución das loitas políticas.