![Retrato de una mujer en llamas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/retrato_de_una_mujer_en_llamas_0.jpg?itok=w7yp-nLP)
Retrato de una mujer en llamas
Portrait de la jeune fille en feu
Noémie Merlant, Adèle Haenel
- 119 minutos
Céline Sciamma, autora de filmes como Tomboy (2011) e Bande de filles (2014), achégase á Francia de 1770 nun dos grandes filmes dos últimos tempos. Marianne, unha pintora, recibe a encarga de realizar o retrato de vodas de Héloïse, unha moza que abandonou un convento e que ten serias dúbidas respecto ao seu inminente matrimonio. Marianne debe retratala sen o seu coñecemento, polo que se dedica a unha diaria e minuciosa pescuda. Sciamma une ás súas preocupacións habituais (da liberdade feminina ao amor ou o desexo) a reflexión sobre a propia creación artística, enmarcada nun relato de esixente elaboración formal e sentido pictórico.
- Ano:2019
- Países de produción: Francia
- Guión: Céline Sciamma
- Fotografía: Claire Mathon
- Montaxe: Julien Lacheray
- Produtora(s): arte France Cinéma, Hold Up Films, Lilies Films