Ansatsu (Asasinato)
Tetsuro Tanba, Okada Eiji, Ozawa Eitaro, Isao Kimura, Muga Takewaki, Shima Iwashita, Keiji Sada.
- 104 min.
Unha nova inmersión no cinema de xénero de Masahiro Shinoda, o drama histórico ou jidaigeki. En Asesinato o director volve retratar un período tortuoso da historia xaponesa: o bakufu ou a fin do shogunato, que conduciu á restauración dos poderes do emperador e á entrada de Xapón na modernidade, período con claros paralelismos co que vivía o país na década dos sesenta.
Nesta película, Shinoda cóntanos a historia de Hachirô Kiyokawa e a súa voraz cobiza de poder a través de imaxes impactantes que reflicten a súa mestría como director.
- Ano:1964
- Países de produción: Xapón
- Produtora(s): Shochiku