
Paulo Rocha
Do 24 de xaneiro de 2023 ao 28 de febreiro de 2023
A Filmoteca de Galicia programa unha retrospectiva sobre o cineasta portugués Paulo Rocha (1935-2012) que parte da iniciativa da distribuidora Atalante Cinema, Paulo Rocha Esencial, que lanza cinco dos seus títulos máis coñecidos en versións restauradas (catro deles estreas en España), e se complementa con outras cinco longametraxes e varias curtametraxes procedentes da Cinemateca Portuguesa, tamén en novas copias restauradas.
Xunto a cineastas como Fernando Lopes, Paulo Rocha estableceu os alicerces do Cinema Novo Português nos anos sesenta. A súa figura é indisociable da historia do cine portugués, marcándoa ao longo das seis décadas que van de Os verdes anos (1963) a Se eu fosse ladrão… rouvaba (2012), afirmándose como un dos grandes autores do cine moderno. A súa obra configura unha mirada de conxunto sobre a “portugalidade”, a partires dunha serie de encontros e choques: entre o campo urbano e o rural, ou entre a modernidade cultural e as tradicións populares, as veces en diálogo coas formas e expresións culturais esóxenas, como nas súas películas (en particular A illa dos amores) que reflicten a presenza portuguesa no Lonxano Oriente, tamén baseadas na experiencia persoal. É tamén unha obra marcada pola estética do colage, traballada por primeira vez ten Pousada das Chagas.
Nado en Oporto, foi nesa cidade, en 1955, onde “descubriu” o cine nunha proxección de Jigoku mon, de Teinosuke Kinugasa. Practica a cinefilia en Lisboa, onde frecuenta a Facultade de Dereito e forma parte do grupo de estudantes universitarios católicos reunidos no CCU (Cine Clube Universitário), antes de partir para París, onde é espectador habitual da Cinematheque (ten un contacto fundamental coas películas de Kenji Mizoguchi), e gradúase en dirección polo IDHEC (Institut des Hautes Études Cinématographiques), sendo asistente de Jean Renoir en Le caporal épinglé (1962), rodada en Viena. “Débolle todo a Renoir, visto e revisto”. Como mestre portugués escolleu a Manoel de Oliveira, con quen colabora en A Caça e, sobre todo, Acto da Primavera, ao seu regreso a Portugal en 1961. Iníciase na realización coa longametraxe Os verdes anos, un filme lisboeta que xurde como a primeira e decisiva bocanada de aire fresco para o cine portugués. Será principalmente director de longametraxes de ficción, dando conta tamén do seu percorrido biográfico, feito de pasos portugueses e xaponeses (agregado cultural da Embaixada de Portugal en Tokio entre 1975 e 1984).
Producido inicialmente por António da Cunha Telles (Os verdes anos, Mudar de vida), asociase ao Centro Portugués de Cine (Pousada das Chagas), concebindo unha estrutura de produción propia a partires d’A illa dos amores. En Suma Filmes –ou Gafanha Filmes, no caso de e eu fosse ladrão…– asume o papel de produtor-director, producindo a directores como Edgar Feldman, Manuel Mozos, Rita Azevedo Gomes ou João Viana. Como actor, Rocha colaborou con algúns destes directores, pero tamén con Jorge Silva Melo (Passagen ou a Meio Caminho), Manoel de Oliveira (Francisca, Le Soulier de Satin), João Canijo (Tres Menos Eu), Fernando Lopes (O Fio do Horizonte) ou Raquel Freire (Rasganço). A súa biografía inclúe a dirección do Centro Português de Cinema na década de 1970 e o paso pola Escola Superior de Cinema, onde marcou a xeracións de futuros directores, non menos impresionados polas súas películas.
Reelaboración dun texto da Cinemateca Portuguesa (2014)
Agradecementos: Filmoteca Española.
Coa colaboración de

Mudar de vida

Os verdes anos

Como servir o viño do Porto

Sever do Vouga...Unha experiencia

A illa de Moraes

A illa dos amores

O desejado ou as montanhas da lua

O río do ouro

As Sereias

Máscara de aço contra Abismo azul

A raiz do coraçâo

Vanitas ou o outro mundo
