Vanitas ou o outro mundo
Isabel Ruth, Joana Bárcia
- 104 minutos
Filmada por Rocha no seu Porto natal, conta a historia dunha deseñadora de moda depresiva no apoxeo da súa carreira que namora da filla dunha das súas costureiras. Unha amarga metáfora da decadencia e da fráxil vaidade do ser humano. “Este é un filme realmente barroco, e, nos meus tempos de mozo, que tamén fun jeune turc, colocaríao no mesmo altar podre onde poría o teatro de Calderón, o de La vida es sueño, ou de El gran teatro del mundo.” (Jorge Silva Melo)
- Ano:2004
- Países de produción: Portugal
- Guión: Regina Guimarâes
- Fotografía: Paulo Abreu
- Produtora(s): Suma Filmes