A raiz do coraçâo
Luis Miguel Cintra, Isabel Ruth, Joana Bárcia
- 122 minutos
Dedicado aos cineastas Jean Renoir e Federico Fellini, a película é tamén unha homenaxe a Lisboa. Tinxida de fábula urbana, mostra unha cidade futurista, máxica e colorida que se enfronta ao futuro, mais está arraigada no pasado. No centro un candidato á alcaldía de extrema dereita (Luis Miguel Cintra) que se enfronta a un grupo de travestis e que, por momentos, se transmuta no mesmísimo San Antonio. Para João Bénard da Costa, “Paulo Rocha entrégase e entréganos a pura beleza. Hai tempo que non vía unha película tan guiada coma esta polo único e último pracer da beleza. Ars gratia artis.”
- Ano:2000
- Países de produción: Francia, Portugal
- Guión: Paulo Rocha, Raquel Freire, Regina Guimarâes, Jeanne Waltz
- Fotografía: Elso Roque
- Produtora(s): arte France Cinéma, Boomerang Productions, Les Films de l'Atalante, RTP, Suma Filmes