Se eu fosse ladrâo...roubava
Luis Miguel Cintra, Isabel Ruth
- 87 minutos
Rematada pouco antes de falecer, a película constitúe a despedida do cine de Rocha. Partindo da memoria familiar e do material das súas películas, o cineasta revisita as súas orixes e as principais referencias da súa vida e obra, nunha construción complexa que reúne dúas constantes da súa obra: a poética visionaria do narrador e a colaxe modernista, plástica e pictórica do artista. “Ao invocar as súas pantasmas, Paulo Rocha lembrounos as nosas. Un día veremos, por sorte de forma máis simple e directa, o que de todos nós ficou gravado aquí.” (José Manuel Costa)
- Ano:2012
- Países de produción: Portugal
- Guión: Paulo Rocha, Regina Guimarâes, Joâo Carlos Viana
- Fotografía: Acácio de Almeida
- Produtora(s): Gafanha Filmes