
Olladas de muller 2025
Do 5 de marzo de 2025 ao 8 de marzo de 2025
O ciclo anual Olladas de muller volta, como sempre en sintonía coa frutífera colaboración co Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, como cita motivada arredor do 8 de marzo. De novo céntrase na dobre liña de actuación de anos pasados. Por un lado, a creación vencellada a Galicia, con traballos que amosan a notable e plural nómina de nomes propios femininos: Margarita Ledo Andión, Zeltia Outeiriño, Sonia Méndez, Andrea de la Iglesia, Alicia López e Mar Caldas. Por outra banda, proxéctase Elas Também Estiveram Lá, documental que rescata as voces das mulleres que se resistiron á ditadura de Salazar e que participaron do proceso democratizador de Portugal; e se dedica un foco á cineasta norteamericana Nancy Savoca, gran expoñente do cine indie dos oitenta e noventa, da que se veñen de restaurar varios dos seus filmes.
Coa colaboración de

Prefiro condenarme

Renata

Amor verdadero

Filmei paxaros voando

Elas Também Estiveram Lá

Pequeños milagros

As Neves

Vogar

Deolinda: Sempre traballando, sempre cantando

12 de maio de 1937
