
Renata
Marianne Leone, Jo Deodato Clark, Carla Wynn, Nancy Garrone, Joey D'Arelli, William J. Daprato, Elisa-Marie Fensore
- 16 min.
A primeira curtametraxe de Nancy Savoca é o retrato íntimo dunha nai nova que se debate entre loitar por divorciarse ou, como se espera das mulleres na súa comunidade italo-americana, quedar e sufrir dentro do matrimonio.
É a primeira película realizada por Savoca como estudante, realizada xunto ao seu marido Richard Guay na NYU de principios dos 80. A súa amiga Marianne Leone interpreta o personaxe de Renata, que debe enfrontar o seu propio benestar ao seu compromiso coa súa familia. Filmada en branco e negro, é unha película dinámica e espida que pon o foco no conflito da súa protagonista. (Colectivo Roedor)
- Ano:1982
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Nancy Savoca
- Fotografía: George P. D'Amato, Steven Search
- Montaxe: Seth Gaven, Nancy Savoca
- Produtora(s): NYU