Sophia de Mello Breyner Andressen
- 17 min.
Realizada no marco dunha serie de documentais sobre grandes personalidades da arte e a cultura portuguesa, esta curtametraxe funciona como un rexistro dobre. En primeiro lugar, acompaña a ilustre poeta e a súa familia en pequenos momentos no fogar, mentres a súa voz se funde coa paisaxe costeira da rexión do Algarve. Por outra banda, trátase da ópera prima de João César Monteiro, e a forte presenza do mar como elemento evocativo e dramático serve como anuncio do que o director despregaría ao longo da súa filmografía.
-
Fóra de serie
PRESENTACIÓN DO CADERNO FICBUEU #6. O DESTINO COMO FORMA. IMAXES DO EXILIO / EXILIOS DA IMAXE
Sophia de Mello Breyner Andressen
La chambre
Remedios Varo 1913-1963
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1969
- Países de produción: Portugal